Tuesday 21 de May de 2024

Entrega de agasallos aos asistentes aos campamentos de conciliación de Riveira


Próximo xa o peche do primeiro mes dos campamentos de conciliación do Verán Cultural, a concelleira de Cultura María Sampedro acudiu este mediodía ata o colexio O Grupo para entregar aos seus asistentes uns pequenos obsequios: uns balóns de praia para que poidan xogar con eles nas súas vacacións.

Cómpre lembrar que arredor de 160 rapaces están a participar nestes campamentos, chamados Xoga con Nós e Camp of Cultural Summer, parte dos cales conclúen o seu paso neste mes de xullo en tanto que en agosto virán novas incorporacións.